O ROBOT

 

O principal obxectivo do proxecto é contribuír á inclusión familiar e social de mozas e adultos con discapacidade intelectual, mediante o uso dunha serie de ferramentas TIC e robóticas adaptadas a medida das súas necesidades.

O robot é o elemento co que o usuario interactúa. Ten as seguintes características para garantir total liberdade para ser copiado e producido:

– O desenvolvemento é de hardware de código aberto.

– O chasis, a carcasa, as rodas etc. pódense fabricar por completo cunha impresora 3D.

        

 

O robot dispón de:

 

https://github.com/gamesp

Deste xeito temos un proxecto DIY (Do It Yourself) coas instrucións para elaboralo por un mesmo, utilizando recursos de fácil adquisición e unha impresora 3D (a través da páxina de contacto tamén se pode solicitar como conseguir un robot xa montado).

O robot diríxese a través da app, que lles permite aos usuarios realizar unha programación sinxela deste mediante un dispositivo físico, que será o teléfono móbil ou a tableta.

 

DESCARGAR APP

Dispoñibel en: