UNIDADE 1 - QUEN SON?
Esta unidade inicial, basicamente é unha unidade de coñecemento sobre o robot e o que pode facer: os botóns, os seus movementos, modos de operación, as partes do robot etc. e como comezar a usalo.
Cada unidade ten actividades con 3 niveis de dificultade:
• No nivel fácil, recoñecerás o teu obxectivo en cada taboleiro e moverás o robot ao taboleiro. (Non se require capacidade de lectura. Só se presentan imaxes dalgúns obxectos).
• No nivel medio, podes usar o taboleiro provisto ou crear un propio. Neste nivel, é posible usar códigos QR para obter máis información sobre os temas e involucrar a capacidade de lectura.
• No nivel avanzado, debes cooperar con outras persoas. É un nivel para 2 ou máis xogadores.
Nivel Fácil
Ola, son un robot, estou listo para moverme e ensinarche todo o que podo facer.
Podes poñerme un nome?
Move o robot polo taboleiro (movementos esquerda, dereita, ou norte-sur…). Busca as combinacións de sílabas para poñerme un nome que che guste.
Fíxate nas combinacións de letras e imaxes ás que debes engadir á terminación “BOT”. Tes unha táboa de nomes.
Nivel Medio
Imos ver algúns alimentos e comidas de distintos países da UE.
Teño fame, dásme de comer?
Leva o robot ata unha comida. A través do código QR terás máis información sobre ela.
Dispós dun taboleiro de comidas, pero podes crear o teu propio coas comidas que máis che gusten.
Nivel Avanzado
Carreira de coches para 2 ou máis xogadores, tamén se poden organizar por equipos.
Serías capaz de chegar ao final primeiro?
Coa axuda do dado move o coche polas casas ata chegar á liña de chegada.
Ten coidado coas trampas: os parafusos fan que piques a roda e perdas unha quenda sen tirar e, se quedas sen gasolina, terás que volver empezar.